Me acaba de llegar un supuesto comunicado de ADIANTE ( organización juvenil comunista e independentista de Galiza) Del que no me he podido parar de reir, la gente cada día está peor , por dios.... Está en gallego, pero es facilón de leer . Vosotros mismos.:
-Ante os feitos acontecidos o pasado martes 12 de febreiro, e a conseguinte intoxicación e criminalización, desde ADIANTE, como organización xuvenil comunista e independentista de Galiza, queremos manifestar que:
-Denunciamos primeiramente que a “conferencia” impartida pola fanática españolista San Gil, á que só acudiron unha ducia escasa de “incondicionais”, non versou en ningún intre sobre o tema que se anunciaba ("muller e convivencia"), senón que se limitou a ser un simple acto de propaganda política na que, aproveitando o espazo que lle forneceu a USC cos cartos do estudantado, atacou á esquerda independentista e ás formacións políticas PSOE e BNG, acusándoos de "cadelos de Zapatero" ou "amigos dos cadelos de Batasuna". Polo que exiximos explicacións do decanato por organizar un mitin encuberto.
-Non houbo ningún intento de agresión por parte do estudantado, que se limitou a berrar consignas á súa entrada. Consignas contra a ilegalización das ideas e contra todo o que promove a coñecida fascista San Gil: campañas criminalizadoras contra as institucións soberanas bascas, connivencia coa ultradereita golpista, persecución de sociedades civís democráticas, implicación directa na ilegalización de formacións políticas, apoio a entidades locais nas que gobernan antidemocraticamente co 1% dos votos, peche de publicacións euscaldunas, encubrimento das torturas, etc… É de sobra coñecido que o estudantado da USC leva décadas loitando contra o fascismo. E seguirá.
-A iniciativa do que a prensa denomina como "zarandeos" e "forcexeos" veu da man dos corpos paramilitares privados que acompañan á reaccionaria anti-basca San Gil. Polo que denunciamos ao decanato por permitir a entrada de xente armada (con mocas ilegais coas que agrediron a vari@s estudantes e quen sabe se tamén con armas de fogo) dentro dun recinto universitario. Xa non lles chega con meter bancos e empresas nas facultades, que agora tamén pistoleiros. Terán que dar explicacións tamén sobre esta cuestión.
-Non temos constancia de que ningún paramilitar privado resultase ferido durante o acto. Si temos constancia de que vari@s estudantes resultaron ferid@s pola agresión dos matóns exaltados da carcereira San Gil. Se algún dos paramilitares se fixo dano, só puido ser a bater n@s estudantes antifascistas.
-Os mass media compórtanse como sempre: prostituíndo o oficio do xornalismo e servindo de altofalante do poder máis reaccionario. Amplificaron con intereses electoralistas o tenor dos feitos, reconstruíndo a realidade (mellor, construíndo unha realidade paralela). Empregar a crispación, criminalizar ao estudantado popular e clamar polas represalias dáselle moi ben á prensa empresarial do Estado Imperialista Español. A espiral paranoica na que penetramos leva a comentaristas da prensa escrita e da televisión a pedir penas de prisión para a xente que participou nos feitos do martes.
-Denunciamos tamén a certo profesorado con vocación policial. A un profesorado que colabora en sinalar ao estudantado que participou nunha lexítima protesta antifascista, a un profesorado chivato e rastreiro, a un profesorado, que como no caso da prensa do réxime, luxa tamén o seu oficio, non podemos máis que lle expresar o noso máis profundo desprezo.
-Por último, solidarizámonos, completa e incondicionalmente cos e coas estudantes que agora mesmo están a ser sinalad@s, e que poden rematar sendo represaliad@s académica, e mesmo xudicialmente. De se dar o caso só cabe chamar á mobilización masiva para frear calquera manifestación de represión.